Ir o contido principal

Concerto de piano e violoncello, a cargo do Dúo Schola

Luns, 7 de setembro, ás 20.30 horas

Lugo
Casa do Saber

O pianista Enrique Lapaz, acompañado ao violoncello de David Martín Gutiérrez, interpretan este luns, a partir das 20.30 horas, obras de Bach, Haydn e Albéniz

Enrique Lapaz e David Martín Gutiérrez
Enrique Lapaz e David Martín Gutiérrez

O Dúo Schola, integrado polo pianista Enrique Lapaz e o violoncellista David Martín Gutiérrez, abren este luns, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, as ‘Burbullas creativas” promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural cun concerto de música de cámara incluído no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’.

O concerto, de entrada libre e gratuíta previa retirada de convite, ten o aforo limitado a un máximo de 30 persoas, a fin de cumprir a normativa vixente aprobada por mor da pandemia causada pola COVID-19.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.09.2020.