Yukiko Sugawara, piano e Yuko Kakuta, soprano

O paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acolle o martes 4 de outubro ás 20.30 horas un concerto para piano e voz coa instrumentista Yukiko Sugawara e a soprano Yuko Kakuta.
Ofrecen un repertorio de pezas nas que son especialistas, con obras de Helmut Lachenmann, Mark André e Álvaro Carlevaro, entre as que se inclúe a estrea mundial dunha das máis recentes composicións do mestre uruguaio, grazas ao apoio do Ministerium Baden-Württenberg.
O recital, promovido pola Área de Cultura da USC, brinda á comunidade universitaria a oportunidade de gozar da mestría de dúas intérpretes de primeiro nivel internacional no eido da música contemporánea para piano e voz. A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.
Programa
GOT LOST
Helmut Lachenmann (Stuttgart, 1935) | Got Lost Musik para soprano e piano (2007/2008)
Mark Andre (Paris, 1964) | IV 17 oito miniaturas para soprano e piano (2019)
Alvaro Carlevaro (Montevideo, 1957) | Bagatellen para soprano e piano (2022) (estrea mundial)