USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC, estenderase do 20 de xuño ao 9 de xullo cun amplo abano de actuacións musicais e teatrais, así como cun diverso programa formativo.

The Swinging Flamingos pechan a programación do USCénica 2022 o sábado 9 de xullo ás 22.00 horas cun concerto na terraza do Auditorio a Universidade.
O acceso é de balde previa a retirada de entradas (máximo 4 por persoa), que estarán dispoñibles no mesmo espazo dende hora e media antes da función.
The Swinging Flamingos
A vibrante enerxía da era do swing mestúrase coa elegancia en The Swinging Flamingos, que buscan trasladar a un formato reducido a esencia das grandes big bands norteamericanas. Diso encárganse Alex Salgueiro ao órgano hammond, Antonio Otero á voz e saxo tenor e Chus Pazos á batería.
Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe que The Swinging Flamingos nos ofrece. Lánzate á pista de baile, déixate levar e goza dun espectáculo cheo de enerxía, swing e bo humor.