07.06.2022 | 20.30h-21.30h
Organizados pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en colaboración coa USC

Como colofón dos estudos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, o seu alumnado ofrece no mes de xuño unha serie de concertos con obras de autores referenciais para solistas con acompañamento de piano.
O recital do martes, día 7 de xuño, celebrarase no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela a partir 20.30 horas. A violinista Carla Alonso e o viola Álvaro Godoy interpretarán pezas de W.A. Mozart, P. I. Thacikovsky, S. Prokofiev, J. N. Hummel e M. Bruch con acompañamento ao piano de Simona Velikova e Eriko Ishimoto.
A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.