15.06.2022 | 20.30h
Organizados pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en colaboración coa USC

Como colofón dos estudos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais, o seu alumnado ofrece no mes de xuño unha serie de concertos con obras de autores referenciais para solistas con acompañamento de piano.
O mércores 15 Ana Represas (violoncello), Daniela Lewysohn (violín) e Natalia Hernantes (violín) interpretarán obras de Franz Joseph Haydn, Robert Schumann, Johann Sebastian Bach, Jean Sibelius, Wolfgang Amadeus Mozart, Eugène Ysaÿe e Piotr Ilyich.
O concerto comezará ás 20.30 horas no Paraninfo da USC e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.