Ir o contido principal

A Escola na Cidade 2021-2022

Concertos de Fin do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da EAEM

17.06.2022 | 20.30h

Paraninfo
Santiago de Compostela

Organizados pola Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) en colaboración coa USC

Cartel do concerto
Cartel do concerto

Como colofón dos estudos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da  Escola de Altos Estudos Musicais, o seu alumnado ofrece no mes de xuño unha serie de concertos con obras de autores referenciais para solistas con acompañamento de piano. 

O venres 17 serán Sergio Sanchís (percusión) e Estefanía del Barrio (violín) as persoas encargadas de poñerlle peche a este ciclo de concertos con obras de  Johann Sebastian Bach, Áskel Masson, Antonio Pasculli, Philip Glass, Nicolò Paganini, Jean Sibelius e Salvador Brotons.

O concerto comezará ás 20.30 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia e a entrada é de balde ata completar a capacidade da sala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.06.2022.