Ir o contido principal

Cultura

Concertos de Música de Cámara do alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral

10.05.2021 | 20.30h

Paraninfo da Universidade

Evento organizado pola USC en colaboración con Concello de Santiago

Cartel do evento
Cartel do evento

Os 'Concertos de Música de Cámara do alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral' terán lugar os vindeiros 10 e 12 de maio, ás 20.30 horas, no Paraninfo da USC.

O luns 10, Henrique Medeiros Andrade, frauta; Luca Tognon, óboe; Bernardino Assunçao Sales, clarinete; Daniel Solís García, fagot; e Miguel Linares Navarro, trompa (alumnado do profesor Emilio Alonso Espasandín), interpretarán Ma Mère l’Oye (arr.) de Maurice Ravel (1875-1937) e Quinteto de vento, op. 43, de Carl Nielsen (1865-1931).

O mércores 12, Clara Pedregosa Nieto, violín I; Christian Casanova Peral, violín II; Vicent Máñez Masià, viola; Clara Martínez Virseda, violoncello; e Bernardino Assunçao Sales, clarinete (alumnado do profesor Carlos Méndez), interpretarán Quinteto para clarinete e cuarteto de corda en Si m, op. 115, de Johannes Brahms (1833-1897).

A continuación, Miguel Linares Navarro, trompa; Pedro J. Cases Sánchez, trompeta; e Jon Etterbeek, trombón (alumnado do profesor Jon Etterbeek), interpretarán Fuga nº 2 para o clave ben temperado en La m, BWV 847 (arr. Eberhard Ramm), de Johann Sebastian Bach (1865-1750), Preludio e Fuga nº 1 en Mi b M, op 28, de Oskar Böhme (1870-1938), Sonata para trompa, trompeta e trombón en Sol m, op. 33a, de Francis Poulenc (1899-1963) e Sonata en trío nº 4 en Sol M (arr. Schmidt), de Giovanni Battista Pergolesi (1710-1736).

A entrada é libre ata completar aforo. En aplicación do protocolo COVID-19 no relativo á capacidade da sala, as persoas interesadas en asistir a estes concertos deberán reservar praza (máx. 2/persoa) enviando un correo electrónico a area.cultura [at] usc.gal (area[dot]cultura[at]usc[dot]gal), indicando nome/s, apelidos e teléfono/s, desde unha semana antes do concerto ata o día do concerto ás 12.00 horas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.05.2021.