Ir o contido principal

Conferencia 'Adiantos en tecnoloxías accesibles'

08.03.2024 | 10.30h-11.30h
Edificio do CiTIUS. FOTO: Santi Alvite
Edificio do CiTIUS. FOTO: Santi Alvite

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) organiza a conferencia 'Adiantos en tecnoloxías accesibles', na que se presentarán catro iniciativas relacionadas co desenvolvemento de tecnoloxías accesibles: PICTOS, LECTOGRAM, AWEN e NAM. Todas elas baséanse nun paradigma de investigación inclusiva e están dirixidas a promover a accesibilidade cognitiva e/ou o fomento da autonomía en persoas con necesidades de apoio específicas.

Intervirán na xornada Izaskun Álvarez-Aguado, profesora titular da Universidade das Américas (Chile), quen posúe ampla experiencia en estudar o impacto do envellecemento en persoas con discapacidades intelectuais, discapacidades do desenvolvemento e trastornos neurodexenerativos; Herbert Spencer González, director do Mestrado en Arquitectura e Deseño (Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Chile), quen estuda a accesibilidade cognitiva, especialmente importante no contexto das tecnoloxías emerxentes; e Vanessa Vega, profesora titular da Pontificia Universidade Católica de Valparaíso (Chile), que estuda o coidado e a vida independente en persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento mediante o deseño de tecnoloxías asistenciais e de apoio.

Izaskun Álvarez-Aguado, esquerda, Herbert Spencer González e Vanessa Vega
Izaskun Álvarez-Aguado, esquerda, Herbert Spencer González e Vanessa Vega
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.03.2024.