Ir o contido principal

Conferencia de Ana Valero: 'As microcredenciais universitarias'

08.05.2024 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite

A vicerreitora de Formación Continua da Universidade de Murcia e coordinadora do Grupo de Microcredenciais da CRUE-Ruepep, Ana Vanesa Valero García, ofrece este mércores 8 de maio a partir das 12.00 horas a conferencia 'As microcredenciais universitarias: retos e oportunidades na formación permanente'. Poderá seguirse presencialmente no Salón de Graos da Facultade de Dereito en Santiago e en liña desde a Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.

A inminente implantación das microcredenciais universitarias como novo modelo de formación ao longo de toda a vida terá un impacto evidente no futuro das universidades e na configuración dos estudos oficiais e propios.

A Lei Orgánica do Sistema Universitario e o Real Decreto 822/2021 incorporan a formación permanente como unha dimensión esencial da función docente da universidade. Esta lexislación introduce unha nova dinámica na educación universitaria, adaptándoa ás demandas dunha sociedade que esixe unha actualización continua a un mercado laboral en constante evolución. Neste contexto, proponse un enfoque da docencia que vai máis ala da tradicional franxa de idade entre 18 e 23 anos, recoñecendo a necesidade de ofrecer formación ao longo de toda a vida e para a poboación en xeral. O obxectivo é dotar as persoas das competencias necesarias para desenvolverse de maneira efectiva tanto no seu contorno profesional como persoal, respondendo así ás demandas cambiantes da sociedade e do mundo laboral.

O evento está organizado pola Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.05.2024.