Ir o contido principal

Ciclo de Conferencias '100 anos de estudos en Química'

Conferencia de Antonio Echavarren: 'Deseño de Novos Catalizadores de Ouro'

23.11.2022 | 13.00h-15.00h

Santiago de Compostela
Aula Magna

O presidente da Real Sociedade Española de Química, Antonio Echavaren, participa no ciclo de conferencias que conmemoran o centenario dos estudos en Química da USC

Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'
Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'

Baixo o título 'Deseño de Novos Catalizadores de Ouro', o seu relatorio terá lugar o venres 23 de novembro na Facultade de Química.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Antonio Echevarren

Antonio Echevarren é Responsable do Instituto de Investigación de Química de Cataluña e Catedrático de Investigación do CSIC (dende 2004). Desempeñou, entre outros, os cargos de o Vicedirector de Asuntos Académicos do ICIQ (2009-2020), Membro da Academia Europea (2021), Director Científico Severo Ochoa “Acreditación Excelente” do ICIQ (2020-2023).

O seu traballo destaca polo estudo da metodoloxía sintética baseada na química organometálica de metais de transición e estudos mencanísticos, a síntese de novos catalizadores quirais para a síntese enantioselectiva de esqueletos carbocíclicos complexos, e a aplicación de nova metodoloxía sintética para a síntese de produtos naturais bioloxicamente relevantes, así como
para a preparación de novas moléculas de interese en ciencia de materiais. Cunha intensa produción científica, ten o seu  índice h é de 77 en Metrics Wos e de 85 en Google Scholar e o seu promedio de citas é de 74. 

Entre os galardóns recibidos destacan, entre outros a Medalla de Ouro da RSEQ (2010), a Sir Robert Robinson Distinguished Lectureship da Universidade de Liverpool (2011), a Bristol-Myers Squibb Lectureship por parte do Scripps de Research Institute (California - 2012) e o Enrique Moles National Award in Chemical Science and Technology (2022). 

Participou como presidente no o 7th Asian-European Symposium on Metal-Mediated Efficient Organic Synthesis (2012), na 49th EUCHEM Conference on Stereochemistry (2014) e no Organometallic Chemistry in Organic Synthesis e 19th European Symposium on Organic Chemistry (2015), entreo outros eventos científicos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2022.