Ir o contido principal

Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE

Conferencia de Antonio Giráldez: 'Expediente Galicia Bonita: do feísmo ao fermosismo?'

04.04.2024 | 19.30h-21.00h

Santiago de Compostela
Aula 18

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

Este xoves 4 de abril ofrece unha conferencia na Facultade de Xeografía e Historia o investigador da USC Antonio Giráldez, que falará sobre 'Expediente Galicia Bonita: do feísmo ao fermosismo? Será a partir das 19.30 horas na Aula 18, como parte da programación do Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE.

Antonio Giráldez é doutor en Arquitectura pola Universidade Politécnica de Madrid coa tese 'O dispositivo fronteira: a construción espacial desde a norma e o corpo migrante'. Actualmente desenvolve a súa investigación de posdoutoramento na intersección entre poder, memoria e construción da paisaxe como investigador posdoutoral na USC. Combina a súa actividade académica coa práctica editorial a través de Bartlebooth, unha plataforma de edición e investigación cosmopolítica vinculada ás prácticas espaciais críticas que recibiu galardóns nacionais e internacionais.

Antonio Giráldez
Antonio Giráldez
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2024.