25.10.2022 | 19.00h-21.00h
Organizada pola Asemblea de Investigadoras de Compostela

A Asemblea de Investigadoras de Compostela promove a conferencia ' O método científico e a universidade pública', un relatorio do profesor e ensaísta Carlos Fernández Liria, que se desenvolverá a Aula 1 da Facultade de Filosofía o martes 25 de outubro ás 19.00 horas.
A asistencia a esta actividade, que conta co financiamento da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC, é libre ata completar cabida.