Ir o contido principal

Ciclo de Conferencias '100 anos de estudos en Química'

Conferencia de Carme Pampín: 'Emprendemento na Facultade de Química da USC: xénese de Galchimia'

05.10.2022 | 13.00h-15.00h

Santiago de Compostela
Aula 2.14

A directora executiva de Galchimia participa no ciclo de conferencias que conmemora o centenario de estudos en Química na USC

Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'
Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'

Baixo o título 'Emprendemento na Facultade de Química da USC: xénese de Galchimia', o seu relatorio terá lugar o 5 de outubro ás 13.00 horas na Aula 2.14.

A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala. 

Carme Pampín Casal

Fundadora e directora executiva de GalChimia, S.A.,  é membro da Xunta Directiva de GalChimiApplus. Foi tamén fundadora e membro do Consello de Administración de ChemoSapiens, de Origo Biopharma entre 2019-2021 e de AMSlab, S.L  do 2008 ao 2014.
Carme Pampín é presidenta de BIOGA, a asociación empresarial sen ánimo de lucro que aglutina ás organizaciones integradas na cadea de valor do sector biotecnolóxico con sede Galicia é ademais membro da Xunta Directiva de Hub de Innovación Digital DATAlife. 

Ten participado en numerosos proxectos I+D, como IO4COLON, NEOGALFARM e Síntese de scaffolds para a creación de quimiotecas con actividade fronte a receptores 5-HT.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2022.