Ir o contido principal

Conferencia '‘As comarcas galegas: un debate pechado?’, por Alejandro Otero

18.04.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia

A charla será ás 19:30 horas na Aula 18
A charla será ás 19:30 horas na Aula 18

‘As comarcas galegas: un debate pechado?’ é o título da nova sesión do Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE, que nesta ocasión correrá a cargo do investigador da USC Alejandro Otero. A charla terá lugar o xoves 18  ás 19:30 horas na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia.

Alejandro Otero é doutor en Xeografía cunha tese de doutoramento sobre a división comarcal de Galicia, na que pescuda o debate acerca das comarcas galegas, tanto no que respecta aos discursos que se xeraron ao seu redor como aos mapas que se foron deseñando. As súas liñas de investigación céntrase en cuestións de xeografía rexional, xeografía histórica, organización do territorio e desenvolvemento local.
 
Na actualidade, Otero é profesor substituto no Departamento de Xeografía da USC e forma parte do grupo de investigación ANTE.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2024.