Ir o contido principal

Ciclo 'Destacando na Ciencia'

Conferencia 'Consello da Cultura Galega: 40 anos coa nosa cultura'

21.04.2023 | 11.30h-12.30h

Casa do Saber
Lugo
Salón de Actos

Rosario Álvarez Blanco pecha este ciclo de relatorios promovido pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, o Programa de IV Ciclo e o Concello de Lugo

Cartel do ciclo
Cartel do ciclo

O ciclo de conferencias 'Destacando na ciencia' é unha iniciativa desenvolvida polo Programa Universitario de Maiores de IV Ciclo da USC que leva á Casa do Saber de Lugo relatorios especialmente dirixidos ao estudantado do programa.

Rosario Álvarez Blanco pechará o ciclo co relatorio 'Consello da Cultura Galega: 40 anos coa nosa cultura', que impartirá o venres 21 de abril ás 11.30 horas no Salón de Actos.

'Destacando na Ciencia' concontou xa coas conferencias de Isabel Fernández García arredor das primeiras licenciadas de Lugo , Diego Conde Gómez arredor da figura de Juan Rof Codina e Manuel Andrade Baliño sobre a investigación arredor do meteorito de Traspena.  

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.04.2023.