11.01.2024 | 19.30h-21.00h

O doutor en Xeografía e profesor da USC Diego Cidrás ofrece este martes 11 ás 19.30 horas na Facultade de Xeografía e Historia unha conferencia titulada 'Que natureza conservar tras o Antropoceno? Unha ollada crítica ás iniciativas rewilding en Europa', organizada dentro do Seminario de Futuros Urbanos,
Cidrás interésase por comprender as interaccións humanas coa natureza, especialmente no relacionado con paisaxes conflitivas, así como no estudo da participación social en ámbitos comunais ou na exploración das perspectivas locais sobre a xestión de especies exóticas invasoras.