30.09.2024 | 13.00h
Santiago de Compostela
Salón de Actos

Con motivo do Día Mundial do Corazón, o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC organiza o luns 30 de setembro unha conferencia para visibilizar e tomar conciencia da alta prevalencia da enfermidade cardiovascular de man do cardiólogo José Ramón González Juanatey, investigador principal do grupo Cardiovascular Area deste Centro. A iniciativa, coordinada desde o CiMUS polo investigador principal Ricardo Villa Bellosta, busca incidir así na importancia da investigación neste campo e concienciar sobre a súa prevención, control e tratamento xa que a enfermidade cardiovascular é a día de hoxe a principal causa de mortalidade no mundo, representando un desafío crítico para os sistemas de saúde a nivel global.
A charla dará comezo ás 13.00 horas no Salón de Actos, precedida por unha breve introdución da dirección do CiMUS de Mabel Loza e José Luis Labandeira. Concluído o relatorio, celebrarase unha mesa redonda con investigadores CiMUS de toda a área de investigación cardiovascular para poñer en común os principais avances neste campo, lembrando que cada ano millóns de persoas perden a vida debido a complicacións derivadas da enfermidade cardiovascular, unha cifra que inclúe tanto as enfermidades cardíacas como as cerebrovasculares e que reflicte a magnitude do impacto destas patoloxías na saúde pública mundial. Os integrantes da mesa serán, a parte do propio José Ramón González Juanatey, Ricardo Villa Bellosta, Juan Zalvide e Ángel García, especialistas de referencia no campo da calcificación vascular, en cavernomas cerebrais (ambos coordinadores tamén de proxectos no programa Sumo Valor da USC) e en proteómica de plaquetas, respectivamente.