Ir o contido principal

Conferencia de Fernando Pardo: 'Star Wars, patentes e software, por que o Imperio perdeu a guerra?'

09.04.2024 | 12.00h-13.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Sede do CiTIUS. FOTO: Santi Alvite
Sede do CiTIUS. FOTO: Santi Alvite

O profesor da Facultade de Física da USC ofrece este martes a partir das 12.00 horas no CiTIUS un relatorio titulado 'Star Wars, patentes e software, por que o Imperio perdeu a guerra?', no que achegará unha visión das distintas figuras de protección de resultados de investigación, así como unha introdución a todo o proceso de tramitación e xestión destas. A charla é apta para todo tipo de perfís, pero especialmente para persoal investigador en formación.

Fernando Pardo Seco é doutor en Física pola Universidade de Santiago de Compostela desde o 2008 e actualmente profesor contratado doutor na mesma. No período 1999-2001 traballa nun proxecto de investigación no ámbito do rexistro de dixital de imaxe médica. Bolseiro FPU (2002-2005) para desenvolver a súa tese doutoral no ámbito de deseño de sistemas dixitais para detección de minas antipersoa. No 2006 obtén unha praza de profesor axudante na Universidade de Valladolid no Departamento de Tecnoloxía Electrónica. En 2011 incorpórase á Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela, xestionando a carteira de propiedade intelectual e industrial nas áreas de matemáticas, física, TIC e enxeñaría e participa en tarefas de apoio á creación de empresas de base tecnolóxicas nestes ámbitos. En 2020 obtén unha praza de profesor axudante doutor no Departamento de Electrónica e Computación da USC onde comeza a traballar na liña de despregamento de sistemas de aprendizaxe profunda.

Fernando Pardo Seco
Fernando Pardo Seco
Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.04.2024.