Ir o contido principal

Ciclo 'Destacando na Ciencia'

Conferencia 'A figura de Juan Rof Codina'

03.03.2023 | 11.30h-12.30h

Casa do Saber
Lugo
Salón de Actos

Diego Conde Gómez toma parte neste ciclo de relatorios promovido pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, o Programa de IV Ciclo e o Concello de Lugo

Cartel do evento
Cartel do evento

O ciclo de conferencias 'Destacando na ciencia' é unha iniciativa desenvolvida polo Programa Universitario de Maiores de IV Ciclo da USC que leva á Casa do Saber de Lugo relatorios especialmente dirixidos ao estudantado do programa.

Diego Conde Gómez afondará na  figura de Juan Rof Codina no segundo relatorio do ciclo, que pronunciará o venres 3 de marzo. 

Isabel Fernández García foi a encargada de impartir a primeira das conferencias deste programa que aínda contará co relatorio 'Asteroides e meteoritos: o evento de Traspena' por  Manuel Andrade Baliño o 31 de marzo, e coa conferencia 'Consello da Cultura Galega: 40 anos coa nosa cultura' de Rosario Álvarez Blanco o 21 de abril. 

Todas as sesións desenvolveranse no Salón de Actos do centro a partir das 11.30 horas. O programa completo da actividade está dispoñible nesta ligazón

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.01.2023.