Ir o contido principal

Ciclo 'Cultura en Mazarelos'

Conferencia sobre 'Futuro e retos da Intelixencia Artificial'

02.11.2023 | 12.30h-14.30h

Exterior da Facultade de Filosofía. Foto: Santi Alvite
A xornada celebrarase no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía. Foto: Santi Alvite

O director do CiTIUS, Senén Barro Ameneiro, impartirá unha nova sesión do ciclo 'Cultura en Mazarelos' na que propón unha reflexión sobre 'Futuro e retos da Intelixencia Artificial', tema da conferencia que impartirá o vindeiro xoves 2 de novembro dentro do ciclo 'Cultura en Mazarelos'.

"Falar do futuro da intelixencia artificial é especular, mesmo de futuros máis ou menos próximos", explica Senén Barro en relación a este conferencia na que revisará as posibilidades da tecnoloxía no futuro. En todo caso, "é tal o seu potencial de transformación social, económica, na educación, sanidade, emprego… que non necesitamos irnos moi lonxe no tempo para imaxinar todo un mundo de posibilidades e tamén de retos que debemos afrontar".

Ademais, das posibilidades, Barro falará da necesidade de mitigar os seus riscos, "falamos dos nesgos que tamén teñen as máquinas, en boa medida herdados de nós; a súa infalibilidade, inevitable cando falamos de intelixencia, sexa artificial ou a nosa; a seguridade, ou máis ben a súa falta; pero, sobre todo, as desigualdades e o desemprego tecnolóxico que as tecnoloxías intelixentes poden amplificar. O que si é evidente, é que non poderemos abordar o desenvolvemento da intelixencia artificial nin os retos aos que nos enfronta, se non é desde a multidisciplinariedade".

Cartel da conferencia
A próxima sesión do ciclo 'Cultura en Mazarelos' reflexiona sobre Intelixencia Artificial
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2023.