Ir o contido principal

Conferencia de Gastón Giribet: 'Transcendental numbers and Quantum Field Theory'

20.05.2022 | 12.00h-14.00h

Aula Magna
Santiago de Compostela

O IFGAE promove este relatorio do investigador en Física da Universidade de Bos Aires

Conferencia de Gastón Giribet
Conferencia de Gastón Giribet

A Aula Magna da Facultade de Física acollerá a o venres 20 de maio unha conferencia de Gastón Giribet, investigador da Universidade de Bos Aires. Baixo o título 'Transcendental numbers and Quantum Field Theory', a conferencia arrancará ás 12.00 horas e tamén poderá ser seguida en liña a través de zoom

Durante os últimos quince anos, atopáronse indicios da sorprendente relación que parece existir entre a teoría cuántica de campos e a teoría dos números transcendentais. Un patrón intrigante emerxe, en particular, nos cálculos perturbativos das teorías de campos que presentan a chamada simetría superconformal. Estas teorías son precisamente as que interveñen na correspondencia AdS/CFT ou na conxectura de Maldacena. Nesta charla, despois de repasar as propiedades máis divertidas dos números transcendentais, Gastón Giribet contará en que consiste exactamente esta relación entre as teorías cuánticas de campos e os números transcendentais, e os avances recentes na tarefa de verificala. A conferencia concluírá cunha serie de conxecturas sobre a función zeta de Riemann derivada neste marco.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.05.2022.