Ir o contido principal

Inauguración do MUESINT

Conferencia inaugural do Máster en Estudos Internacionais a cargo de Javier González Vega

20.10.2021 | 12.00h

Salón de Graos

Evento organizado polo Máster en Estudos Internacionais da Facultade de Dereito da USC

Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga
Facultade de Dereito. Foto: Andrés Fraga

O vindeiro mércores 20 de outubro terá lugar a conferencia inaugural do Máster en Estudos Internacionais da USC, que será impartida polo catedrático de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Oviedo, Javier González Vega.

Baixo o título 'Acordos pesqueiros da UE e Dereito internacional xeneral: un comentario sobre a xurisprudencia recente do TJUE á mantenta do Sahara Occidental' abordarase un tema de relevancia e actualidade para Galicia e o seu sector pesqueiro e para a comunidade universitaria en xeral, así como para os interesados nos estudos internacionais e europeos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.10.2021.