Ir o contido principal

Cafés do CIFEX

Conferencia 'Innovación de xénero: da investigación e o coñecemento científico á igualdade de xénero'

08.06.2023 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Aula 2

O Centro de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC promove este relatorio de María José Rodríguez Jaume ao abeiro do convenio en materia de Igualdade co Concello de Santiago de Compostela

Cartel da actividade
Cartel da actividade

O Centro de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC e o Concello de Santiago promoven unha nova sesión dos Cafés do CIFEX o xoves 8 de xuño das 12.00 ás 14.00 horas na Facultade de Filosofía. A profesora da Universidade de Alacante María José Rodríguez Jaume afondará no concepto de 'innovación de xénero' no contexto de traballo da UE e tamén nas recentes convocatorias de financión de investigación europea, que esixen a inclusión do sistema sexo/xénero no contido das propostas, con independencia da área de coñecemento. Neste senso, o relatorio dará conta dos criterios de avaliación que contempla a Comisión Europea así como os as publicacións que obrigan á inclusión da perspectiva de xénero nas propostas de artigos. 

A asistencia é libre ata completar a capacidade da sala.

Cafés do CIFEX

O obxectivo destas sesións divulgativas de periodicidade mensual é a coñecer en sociedade a vitalidade das investigacións en marcha, evitando o ensimesmamento do academicismo ao pór os resultados ao servizo da cidadanía e mostrando, ao tempo, que moitas investigadoras cuxo traballo é coñecido en circuítos especializados son descoñecidas aínda na sociedade galega, que procura referentes noutras xeografías.

Diríxense a un público amplo, que comprende desde profesorado e estudantado universitario galego (dentro e fora da USC) a profesorado de Ensino Medio ou Primario e a variados perfís profesionais de persoas interesadas na perspectiva de xénero e na súa implicación nos últimos avances de coñecemento, con especial atención ás posibilidades de participación dese público nas investigacións posteriores no que se chama ciencia cidadá.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.