Ir o contido principal

Conferencia 'Integrando valores no deseño de software'

14.06.2024 | 12.00h
Roxana Portugal
Roxana Portugal

A investigadora posdoutoral da Universidade de Múnic Roxana Portugal ofrece este venres 14 de xuño a partir das 12.00 horas no salón de actos do CiTIUS unha conferencia titulada 'Integrando valores no deseño de software: Unha experiencia de Design Thinking nun xornal alemán'. Esta presentación expón os resultados dunha experiencia enfocada na explicitación dos valores ou as calidades necesarios nun sistema de software.

O enfoque adquire especial relevancia en sistemas de intelixencia artificial que deben aliñarse con directrices como as éticas para unha IA fiable. A través de exemplos, demostrarase como o uso de ferramentas como Lego Serious Play facilita o traballo con valores no deseño técnico. Ademais, utilizarase o marco de traballo de Requisitos Non Funcionais (NFR) para verificar o equilibrio entre valores en competencia durante a súa implementación, permitindo planificar iteracións no proceso de Design Thinking.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.06.2024.