Os congresos de CUEMYC son un foro de referencia interdisciplina no estudo dos sistemas de resolución positiva dos conflictos, a convivencia e a pacificación social

A Conferencia Internacional Universitaria para o Estudo da Mediación e o Conflito (CUEMYC) celebra o seu VII Congreso na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela do 15 ao 17 de setembro de 2022. Os congresos da CUEMYC son un foro de referencia interdisciplinar no estudo dos sistemas de resolución positiva dos conflitos, a convivencia e a pacificación social, así como un lugar de encontro e intercambio para a transferencia e actualización do coñecemento entre académicos e profesionais.
Este VII congreso, que ten como lema o Obxectivo 16 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible Promovendo a Paz, a Xustiza e as Institucións Sólidas, celébrase nun momento clave para a humanidade, no que a procura da Convivencia e procúraa da Cultura de Paz converteuse nunha prioridade a nivel mundial.
A profesora Dolores Seijo e o profesor Manuel Vilariño presiden, respectivamente, o comité organizador e o comité científico desta edición do congreso.
CUEMYC, é unha asociación de carácter científico y educativo, orientada ao fomento da investigación e a transferencia de coñecementos á sociedade, e na que están representadas 50 universidades de España, Europa y América.