A profesora de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas participa no ciclo de conferencias que conmemoran o centenario dos estudos en Química da USC

Baixo o título 'A Química da Nutrición e a Saúde', o seu relatorio terá lugar o mércores 11 de maio ás 13.00 horas na Aula 2.14 da Facultade.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Isabel Medina Méndez
A profesora de Investigación do CSIC é especialista en química e análise de alimentos, particularmente en lípidos mariños, ácidos graxos omega-3 e os seus produtos de oxidación. Participou en numerosos comités de avaliación da Unión Europea, E.U.A. e Australia e en comités científicos de reunións e de congresos internacionais. Tamén colabora en numerosos proxectos de investigación e contratos con diversas industrias.
Ao longo da súa traxectoria, desempeñou diferentes cargos, como o de adxunta da Área de Transferencia de Tecnoloxía da ANEP, o de responsable da área de Biotecnoloxía e da Comisión de Doutoramento en Agriculture and Food Science da Universidade de Florencia, o de vicepresidenta da Plataforma Europea SeafoodPlus ou o de vicedirectora do Instituto de Investigacións Mariñas. Dende 2016 é coordinadora nacional da Área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do CSIC.
Isabel medina recibiu o 1º Premio da Real Academia Galega de Ciencias e é académica numeraria desta entidade.