Ir o contido principal

Seminario de futuros urbanos

Conferencia de Iván Nespereira

14.12.2023 | 19.30h-21.00h

Santiago de Compostela
Aula 18

O artista visual falará dos seus proxectos documentais que parten da investigación

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia

As actividades de Seminario de futuros urbanos da Facultade de Xeografía e Historia amplíanse cunha nova conferencia este xoves 14 ás 19.30 horas a cargo do artista visual Iván Nespereira baixo o título 'Nueva Galicia. O arquivo'. Neste proxecto abordou o proceso de explotación da árbore do caucho e os desprazamentos da poboación europea ó Amazonas entre 1850 e 1920 polo auxe económico provocado pola extracción de caucho.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2023.