28.06.2024 | 10.00h
Santiago de Compostela
Salón de Actos

O profesor Jesús M. de la Fuente, do Instituto de Nanociencia e Materiais de Aragón, ofrece este venres 28 de xuño a partir das 10.00 horas unha conferencia titulada 'Nanoactuators for Therapy and Diagnosis' no Salón de Actos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS).
Nesta conferencia abordará a síntese e funcionalización de nanopartículas magnéticas e de ouro como ferramentas terapéuticas e de diagnose contra o cancro, no contexto dun uso cada vez maior de nanopartículas inorgánicas nunha ampla variedades de campos coma a ciencia dos materiais, e enxeñería, a física ou a química.
