25.04.2022 | 11.00h
A actividade forma parte dos ciclos formativos do Grupo de Investigación Historia Moderna (GI-1921) do curso 2021-2022

O doutor José Manuel Vázquez Lijó, profesor da Universidade da Coruña e técnico do Museo Marea (Porto do Son), impartirá o relatorio 'O mar e o patrimonio en Galicia, ss. XVI-XIX'. O encontro celebrarase o día 25 de abril de 2022, ás 11.00 horas, na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia (USC). Esta actividade presencial, que está coordinada polo profesor Pegerto Saavedra Fernández, membro do GIHM, está aberta á participación da comunidade universitaria.