Salón de Graos
Investigador do CSIC, Montouliu é Premio Nacional de Biotecnoloxía

O Premio Nacional de Biotecnoloxía, Lluis Montoliu, impartirá o 5 de febreiro na USC unha conferencia sobre os aspectos éticos cruciais na investigación biomédica. A charla do vicedirector do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do CSIC será ás 10.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia.
Na súa intervención abordará os dilemas éticos que xorden nese campo, a importancia da avaliación ética en proxectos de investigación, especialmente no contexto europeo, e a relevancia da bioética para un futuro mellor.
A conferencia está dirixida a persoal investigador, estudantado e calquera persoa interesada na intersección entre ciencia e ética. Mais, dado que está organizada por iMATUS e a EDIUS, ao estudantado de doutoramento que se matricule a través da secretaria virtual se lles computará entre as súas actividades de formación.