Ir o contido principal

Ciclo de Conferencias '100 anos de estudos en Química'

Conferencia de Luis Liz Marzán: 'Dende as microemulsións ata os tumores artificiais. Unha viaxe científica dende a USC ao CIC-BiomaGUNE'

08.07.2022 | 13.00h-14.30h

Santiago de Compostela
Aula Magna

O director do Centro de Investigación Cooperativa en Biomateriais CIC-BiomaGUNE participa no ciclo de conferencias que conmemoran o centenario dos estudos en Química da USC

Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'
Ciclo de Conferencias '100 anos de Estudos de Química'

O seu relatorio 'Dende as microemulsións ata os tumores artificiais. Unha viaxe científica dende a USC ao CIC-BiomaGUNE',  terá lugar o venres 8 de xullo ás 13.00 horas na Aula Magna da Facultade. 

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Luis Liz Marzán

Coinventor de nove patentes, conferenciante e organizador de congresos internacionai, Luis Liz Marzán recibiu dúas bolsas ERC Advanced consecutivas e numerosos premios de investigación, entre os que se poden destacar: o premio Humboldt, o premio Nacional de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía Química, o premio Rei Jaume I de Investigación Básica, o premio Hermanos Elhuyar-Hans Goldschmidt, a Medalla Blaise Pascal en Ciencia de Materiais (Academia Europea de Ciencias) ou a cátedra Georges Smets. 

Membro da Real Academia de Ciencias de España, das Academias de Ciencias de Granada e Galicia, da Academia Europea de Ciencias, da Royal Society of Chemistry e da Optical Society of America.  Foi tamén presidente da División de Coloides e Interfaces da RSEQ, editor sénior da revista ACS Langmuir, editor en xefe de ACS Omega e actualmente é editor executivo de ACS Nano e da Xunta de Editores Revisores de Science.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.07.2022.