O investigador falará das posibilidades dos materiais orgánicos para desenvolver novos produtos e aplicacións.

O CIQUS da USC acolle este venres ás 12.15 horas unha conferencia do doutor Manuel Souto Salom titulada 'Explotando a versatilidade dos bloques de construción orgánicos electroactivos para o deseño de materiais estruturais funcionais'.
Souto, investigador procedente do Instituto de Materiais de Aveiro - CICECO- (Portugal), incorporouse este outono ao CIQUS. O ano pasado recibiu o apoio do Consello Europeo de Investigación (ERC), a través dunha das súas prestixiosas axudas Starting Grant, dotada con 1.5 millóns de euros, para deseñar unha nova familia de redes orgánicas covalentes (COFs) con aplicación como electrodos en baterías recargables.