Ir o contido principal

Conferencia de María Antonia Martí Escayol: ‘O movemento antimina de Corcoesto’

29.11.2024 | 10.00h
A charla será na Facultade de Xeografía e Historia
A charla será na Facultade de Xeografía e Historia

O Grupo HISTAGRA organiza unha nova conferencia do ciclo Pasados incómodos 2024-2025, que terá lugar o venres 29. Trátase do relatorio ‘O movemento antimina de Coscoesto’ da profesora da universidade autónoma de Barcelona María Antonia Martí Escayol, que presentarán Stefania Barca e David Soto, do grupo de investigación promotor.

Na conferencia explicará como en abril de 2013 un amplo grupo de manifestantes amosara un rexeitamento contundente á mina de ouro de Corcoesto. Nesta mobilización participaran veciños e veciñas de Cabanas, Coristanco, Carballo e outros concellos da Costa da Morte.

María Antonia Martí Escayol é doutora en Historia, escritora, tradutora e profesora titular na Universitat Autònoma de Barcelona desde o ano 2000. Especialista en humanidades ambientais, historia da época moderna e cultura de Asia Oriental, actualmente o seu traballo xira ao redor da ecocrítica e as vinculacións entre as prácticas estéticas e a xustiza ambiental.

É investigadora na Universidade de Sophia de Tokio (Xapón) e profesora na Truman State University de Misuri (EUA). Traduciu, entre outros, a escritora e científica inglesa do século XVII Margaret Cavendish e a historiadora da ciencia Carolyn Merchant. O seu último libro é Ouro, piollos e ovellas. Imaxinar a xustiza ambiental (Comares, 2023).
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2024.