29.09.2021 | 12.00h
Evento organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC

O vindeiro 29 de setembro Flor Baena impartirá a conferencia 'A memoria do asasinato de Humberto Baena' na Facultade de Xeografía e Historia da USC, como parte do ciclo Pasados Incómodos.
O prazo de inscrición para asistir ao evento está aberto ata o martes 28 no correo histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es). Ademais, a conferencia será transmitida por Microsoft Teams, e poderá verse nesta ligazón.
Neste ciclo, organizado polo grupo de investigación HISTAGRA da USC, participan especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.