24.02.2021 | 13.00h
A campaña #NoMoreMatildas é unha iniciativa da Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas (AMIT)

A Facultade de Química celebrará o Día da Muller e a nena na ciencia (11 de febreiro) coa conferencia 'No more Matildas', impartida por Adela Muñoz Páez, catedrática de Química Inorgánica da Universidade de Sevilla. O relatorio pode seguirse a través de Teams.
Este proxecto, impulsado por AMIT, sinala a inxustiza que ignorou, de forma sistemática os achados de brillantes científicas ao longo da historia. Obtén máis información sobre a iniciativa #NoMoreMatildas nesta ligazón.