A USC colabora na organización deste encontro internacional arredor da relación entre a educación e os obxectivos de desenvolvemento sostible que se desenvolverá en Santiago de Compostela do 16 ao 18 de febreiro

Do 16 ao 18 de febreiro, a cidade de Santiago de Compostela vira en sede da Conferencia Mundial sobre Educación 2023, un encontro que nesta edición leva por título 'A educación e os obxectivos de desenvolvemento sostible. Horizonte 2030".
Os tópicos de discusión da conferencia xiran arredor de tres grandes áreas que atenden a quen educa, á educación como vía para transformar e humanizar e á educación cara ao coidado do planeta. Con estas liñas de traballo, o encontro, que conta coa colaboración de numerosas entidades entre as que se atopa a USC, congregará na cidade un nutrido grupo de especialistas en educación da contorna internacional.
O acto inaugural da conferencia está programado o día 16 de febreiro ás 16.00 horas no Auditorio Abanca e contará coa intervención do reitor Antonio López.
O programa completo do evento está dispoñible nesta ligazón.