Ir o contido principal

Conferencia 'Novidades no programa ERC'

18.12.2023 | 12.15h-13.45h

Santiago de Compostela
Auditorio

A sesión diríxese especialmente a potenciais solicitantes de liñas de axudas da entidade

O European Research Council presenta novidades
O European Research Council presenta novidades

A scientific officer da Axencia ERC Laila Illán Rubio; o director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías  (IGFAE), Carlos Salgado, e o investigador de Acuigen Diego Robledo Sánchez participan este luns 18 a partir das 12.15 horas nunha conferencia/panel de discusión que terá lugar no Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) sobre as novidades no programa de traballo do European Research Council (ERC).

O evento será no auditorio do CiMUS e está aberto ao persoal investigador interesado en coñecer todas as novidades sobre as liñas de traballo do ERC. A sesión diríxese especialmente a potenciais solicitantes de liñas de axudas do ERC para darlles unha visión xeral das actividades da entidade e dos seus esquemas de financiamento, facendo especial fincapé nas novidades do novo programa de traballo e explicando como solicitar o apoio do ERC paso a paso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.12.2023.