A catedrática de Química Física e profesora emérita da Universidade Autónoma de Madrid participa no ciclo de conferencias que conmemoran o centenario dos estudos en Química da USC

Baixo o título 'Dende o primeiro ordenador de Santiago a cálculos de alto nivel en sistemas deficientes en electróns', o seu relatorio terá lugar o mércores 6 de abril ás 13.00 horas na Aula Magna da Facultade.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Otilia Mó Romero
Especialista en Química Teórica e Computacional e, en particular, no estudo de estruturas moleculares e reactividade química, Otilia Mó Romero é responsable do Mestrado Europeo 'Theoretical Chemistry and Computational Modelling'.
Nomeada como 'Distinguished Women in Chemistry' (IUPAC), ao longo da súa carreira, formou parte do Comité de avaliación do premio Rey Jaime I en Investigación Básica e do grupo promotor da Innovative Training Network; dirixiu o Instituto Universitario de Estudios de la Mujer da Universidade Autónoma de Madrid; foi tamén directora xeral de Programas e Transferencia de Coñecemento da Secretaría de Estado de Universidades del Ministerio de Ciencia e Innovación e presidenta da 'Sección de Madrid da Real Sociedad Española de Química`para alén de vicepresidenta do Management Committee na European Chemistry Thematic Network Association.
Da súa autoría é o libro Enlace Químico y Estructura Molecular.