Ir o contido principal

Conferencia de Pedro Gois: 'BASHY: A Useful Fluorescent Platform por Bioimaging'

10.09.2024 | 12.15h
Sede do CiQUS. FOTO: Santi Alvite
Sede do CiQUS. FOTO: Santi Alvite

O profesor da Universidade de Lisboa Pedro Gois ofrece este martes 10 de setembro a partir das 12.15 horas a conferencia 'BASHY: A Useful Fluorescent Platform por Bioimaging' no salón de actos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS).

Os colorantes fluorescentes son unha clase moi valiosa de moléculas funcionais que se usan amplamente para investigar a complexidade dos procesos biolóxicos e nos últimos anos fixéronse moitos esforzos para ampliar o espazo químico destes compostos, tema que se aborda nesta charla.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.09.2024.