Ir o contido principal

Conferencia de Pedro Rey Araújo: 'Valor, tempo, e reproducción social'

12.12.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Espazo habilitado para seminarios

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

O investigador do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC Pedro Rey Araújo ofrece este xoves 12 de decembro a partir das 19.30 horas unha conferencia na Facultade de Xeografía e Historia, no espazo habilitado para seminarios xunto ao decanato (no primeiro andar). 

A conferencia de Pedro Rey, unha nova sesión do Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE, titúlase 'Valor, tempo, e reproducción social'. O conferenciante é investigador posdoutoral no Departamento de Fundamentos da Análise Economica da USC e os seus principais intereses van dende a economía política crítica á crítica da economía política, pasando pola teoría do discurso ou a socioloxía crítica do tempo. É o autor de Capitalism, Institutions and Social Orders. The Case of Contemporary Spain (Routledge, 2021).

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.12.2024.