26.05.2021 | 12.00h
Evento organizado polo grupo de investigación Rede Armela

Terceira sesión do Seminario Xénero e Política, espazo creado para divulgar e debater sobre algunhas das achegas tanto teóricas como empíricas realizadas desde a disciplina da Ciencia Política en relación ao feminismo e a igualdade de xénero.
Nesta ocasión, a relatora será Angela O'Hagan, que impartirá a conferencia 'As políticas de coidado e economía en tempos da COVID-19'.
O evento terá lugar en liña a través da plataforma Microsoft Teams, e require inscrición previa na seguinte ligazón.