Ir o contido principal

Conferencia ‘O potencial das tecnoloxías para impulsar e repensar a investigación e a práctica en Saúde Mental’

30.10.2024 | 11.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía

A cargo da catedrática da Universitat de València Rosa Baños

Facultade de Psicoloxía da USC
Facultade de Psicoloxía da USC

Enmarcada no programa de actividades do Instituto de Psicoloxía da USC (IPsiUS), a catedrática da Universitat de València Rosa Baños impartirá a conferencia ‘O potencial das tecnoloxías para impulsar e repensar a investigación e a práctica en Saúde Mental’. 

No relatorio Baños explorará como as ferramentas dixitais como a telepsicoloxía, a realidade virtual ou a intelixencia artificial están transformando a atención psicolóxica, mellorando o acceso a tratamentos e personalizando as intervencións. Ademais, abordará exemplos de aplicación no tratamento de trastornos mentais e promoción do benestar, ofrecendo unha visión interdisciplinar sobre o futuro da investigación en saúde mental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2024.