06.11.2024 | 16.00h
Co título ‘O rei patriota. Alfonso XIII e a nación’

O Premio Nacional de Historia 2024 e catedrático do Departamento de Historia, Teorías e Xeografía Políticas da Universidade Complutense de Madrid, Javier Moreno Luzón, ofrecerá o mércores 6 unha conferencia convidado polo grupo de investigación Hispona de Historia política e dos nacionalismos da USC.
O relatorio, que leva por título ‘O rei patriota. Alfonso XIII e a nación’, terá lugar ás 16.00 horas na Aula de Máster de Historia Contemporánea da Facultade de Xeografía e Historia.