Salón de Actos
Isabel Fernández García abre este ciclo de relatorios promovido pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, o Programa de IV Ciclo e o Concello de Lugo

O venres 3 de febreiro bota a andar o ciclo de conferencias 'Destacando na ciencia', unha iniciativa desenvolvida polo Programa Universitario de Maiores de IV Ciclo da USC, que leva á Casa do Saber de Lugo catro relatorios especialmente dirixidos ao estudantado do programa.
O propio día 3, Isabel Fernández García será a encargada de ofrecer a primeira das conferencias, baixo o título 'As primeiras licenciadas en ciencias en Lugo'. Diego Conde Gómez impartirá o segundo relatorio do ciclo, titulado 'A figura de Juan Rof Codina' o venres 3 de marzo. 'Asteroides e meteoritos: o evento de Traspena' é o tema da terceira conferencia, que pronunciará Manuel Andrade Baliño o venres 31 de marzo. Finalmente, Rosario Álvarez Blanco será a encargada de pechar o ciclo co relatorio 'Consello da Cultura Galega: 40 anos coa nosa cultura', o venres 21 de abril.
Todas as sesións desenvolveranse no Salón de Actos do centro a partir das 11.30 h. O programa completo da actividade está dispoñible nesta ligazón.