16.01.2024 | 12.15h

A sala de conferencias do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) acolle o martes 16 de xaneiro ás 12.15 horas unha conferencia do profesor Bruno Sainz Anding do Instituto de Investigacións Biomédicas Sols-Morreale (IIBM), titulada 'Explotar as características inherentes das células nai do cancro para desenvolver enfoques personalizados para detectar e tratar o cancro' ('Exploiting the inherent characteristics of cancer stem cells to develop personalized approaches to detect and treat cancer').