12.05.2025 | 12.00h
Salón de Graos
Conmemoración dos 50 anos da Facultade de Filoloxía

A profesora e ex decana María José López Couso impartirá o luns 12 de maio ás 12.00 horas a conferencia ‘Dos desafíos ás oportunidades: Unha ollada á Facultade de Filoloxía 2012-2020’ na propia Facultade.
A intervención de López Couso, a desenvolver no salón de graos do centro, forma parte do ciclo de oito conferencias a cargo de ex decanas e ex decanos da Facultade de Filoloxía, encadrado nos actos de conmemoración do 50 aniversario do centro.