13.03.2025 | 12.30h
Salón de Actos
Do catedrático de Filosofía da UNED Jesús Zamora Bonilla

O catedrático da Facultade de Filosofía da UNED Jesús Zamora Bonilla intervirá o 13 de marzo no contexto das Conferencias Mazarelos cun relatorio que leva por título ‘Progreso, ma non troppo: sobre algúns posibles límites ao progreso humano’.
A charla será ás 12:30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filosofía, con entrada libre ata completar a capacidade do espazo.