A cargo do químico musical Walker Smith

Que son ten o hidróxeno? Pode a táboa periódica ser un instrumento musical? O compositor e químico Walker Smith pasou os últimos anos explorando estas e outras preguntas e da súa investigación dará conta nunha conferencia no CiTIUS o 28 de xuño ás 12.00 horas.
Nesa conferencia mostrará os sons do mundo molecular, discutirá o que podemos aprender ao escoitar átomos e moléculas e presentará o seu proceso compositivo para crear música a partir da táboa periódica.
Aparecendo como o personaxe vestido coas cores do arco da vella ‘Roy G. Biv’, Walker presentará a súa “táboa periódica musical”, un instrumento que desenvolveu para compoñer música a partir dos espectros visibles dos elementos. Tamén compartirá extractos dos seus espectáculos O Son das Moléculas e Orquestra dos Elementos e discutirá a súa práctica única de actuación que une a comunicación musical e científica.
Biografía
Walker Smith (1999) é un ‘Químico Musical’, con títulos de grao en química e composición musical da Universidade de Indiana. Actualmente é bolseiro Fulbright entre Estados Unidos e Países Baixos e comezará un doutoramento en Música Computacional na Universidade de Stanford en setembro de 2024.
A súa investigación céntrase na intersección da música e a química, particularmente en como as sonificacións de fenómenos químicos poden ser utilizadas para unha educación científica atractiva.