Evento organizado pola USC en colaboración coa Xunta de Galicia

A estratexia de transformación dixital é fundamental para as empresas, e supón un gran reto para as pemes dadas as súas dimensións. A conferencia 'Retos e dificultades das pemes na transformación dixital' analizará os elementos esenciais para levar a cabo esta transformación aportando competitividade ás empresas.
O evento, que pode seguirse en directo nesta ligazón, contará coa participación de Carmen Alonso Cañada, global head of Banking, Leisure, Insurance & Education (Telefónica IoT&Big Data Tech), Cristina Aranda Gutiérrez, responsable de desenvolvemento de negocio para Europa en Taiger e cofundadora de Mujeres Tech; e José Luís Madrid García, CEO Sicasoft.