Ir o contido principal

Ciclo 'Transformación dixital nas pemes'

Conferencia 'Upskilling e reskilling dixital nas pemes'

10.12.2020 | 16.30h-17.30h

Videoconferencia

Evento organizado pola USC en colaboración coa Xunta de Galicia

Cartel do evento
Cartel do evento

A automatización e a dixitalización son un enorme reto para traballadores/as, empresas e administracións en relación ás competencias dixitais que deben posuírse para afrontar as oportunidades de emprego e actividade empresarial. Este webminar tratará de aportar unha visión práctica para asumir ditos retos. 

O seminario en liña 'Upskilling e reskilling dixital nas pemes' contará coa participación de Nuria Torrijos Lledó, directora liña de dixitalización, CEOE Campus; Santi García, cofundador de Future for Work Institute; e Verónica García, project manager na área Social de Forética e responsable do proxecto Upskill4Future. Podes inscribirte nesta ligazón.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2020.